Estaremos no IV Encontro do Libro Anarquista de Asturies (Xixón)! · Presentación do libelo “Hasta que todes seamos libres”

As persoas que se atopan organizando o IV Encontro do Libro Anarquista de Asturies (que terá lugar os días 7, 8 e 9 de setembro na cidade de Xixón) convidaron ao noso colectivo a participar presentando o noso libelo “Hasta que todes seamos libres: Una mirada crítica antiautoritaria a los vicios de la lucha contra el especismo”, ao que o colectivo da Distribuidora Anarquista Polaris accede con gusto.

Por iso, temos o pracer de comunicarvos que durante eses días a nosa distri terá un posto no IV Encontro do Libro Anarquista de Asturies, onde tamén presentaremos o devandito libelo.

Moitas grazas ás compas de Asturies por convidarnos!

Velaquí tedes o cartaz do evento con toda a programación. Tamén podedes atopar máis información no evento do Facebook correspondente (click aquí). Vémonos alí!