O presente escrito foi publicado orixinalmente en “Contemporary anarchist studies: an introductory anthology of anarchy in the academy” baixo o título Dark tidings: anarchist politics in the age of collapse.
O texto é unha análise do anarquista israelí Uri Gordon, coñecido por outros traballos como o libro «Anarchy Live! Políticas antiautoritarias de la práctica a la teoría» (publicado no Estado español polxs compañeirxs da librería e editorial anarquista A Malatesta de Madrid) e polas súas reflexións e achegas sobre a loita contra o réxime de apartheid e opresión racial que o goberno israelí mantén sobre o pobo palestino, que coñece a través da súa militancia e activismo dentro da organización Anarquistas contra o Muro.
En “Negros presagios: Política anarquista en la era del colapso”, Uri Gordon revisa as condicións nas que se atopa a sociedade capitalista tecno-industrial contemporánea, analiza o avance desenfreado cara ao inminente desastre da mesma e explora as posibilidades para as loitas e propostas anarquistas en tan adverso contexto, onde se fai máis importante que nunca situar correctamente os nosos eidos de actuación e redefinir os nosos medios e ferramentas, para facer fronte xa non só ao colapso dun certo modelo social ou económico senón ao derrubamento de todo un mundo que se está vindo abaixo, ameazando con sepultar baixo os seus cascallos as últimas posibilidades de triunfar sobre esta civilización omnicida e organizarnos sobre as súas ruínas.
O texto foi traducido por Miguel Pérez e publicado orixinalmente en castelán no nº 3 da revista de pensamento libertario Estudos da CNT. A razón para transcribilo e reeditalo neste humilde e rudimentario formato non é outra que reactivar a súa difusión, xa que a pesar de certas discrepancias co autor, a súa lectura paréceme moi recomendable.
Para descargar/ver online o material: