Xa fai uns cantos anos, no número 9 da revísta Sombras y Cizallas (unha publicación antiespecista e antiautoritaria centrada sobre todo na práctica da acción directa ilegal contra a explotación de animais que se publicaba no Estado español) aparecía a versión traducida dun texto de Rod Coronado que aparecera anteriormente en Non Compromise, outra publicación antiespecista neste caso de Estados Unidos, e onde o compañeiro relataba unha acción que levara a cabo en 1986 para deter a caza de baleas en Islandia. Durante aquela acción, Coronado e o seu cómplice lograron afundir 3 dos 4 barcos baleeiros do porto de Reikiavik, e acabaron coa estación baleeira, destruíndo os equipos informáticos e a documentación, e roubando algúns dossieres, ademais de arruinar as instalacións rompendo e esnaquizando canto se atoparon no seu camiño. Como resultado, a caza de baleas non puido producirse naquel ano nin nos seguintes, e hoxe en día aquela acción considérase unha das accións máis potentes levadas a cabo naquel país contra a caza de baleas, xa que estivo a piques de terminar con ese negocio para sempre, e causou unhas perdas económicas incalculables.
O que me leva a reeditalo, ademais de tentar animar unha vez máis á difusión dun texto que me parece apaixoante, é mostrar o que 2 persoas con vontade, determinación e rabia dabondo poden chegar a lograr a pesar de non contar con grandes medios, só coa súa convicción. Trátase dunha historia que nos fala de valor, de humildade e de dúas persoas que fixeron o que había que facer, a pesar do medo e do risco, porque simplemente non podían seguir mirando cara a outro lado, nin tampouco seguir agardando a que outras persoas actuasen por eles, e fixeron aos asasinos pagar caras as súas atrocidades contra as baleas.
Agardamos que este texto fágavos sentir a mesma emoción que nos fixo sentir a nós.
Para ler online ou descargar o fanzine:
En galego:
En castelán: