«Abordaxe presenta…» Presentacións en Compostela de publicacións editadas colaborativamente

palestras Esta semana (o xoves 2 e o venres 3) terán lugar no CSO Escárnio e Maldizer e no CSA do Sar respectivamente dúas palestras nas que se presentarán dúas publicacións, nunha das cales colaboramos na edición e que estaremos alá presentando.

A continuación, segue o programa de actividades, convidándovos a asistir ás mesmas e participar. Tamén haberá ceador (vegano, por suposto) os dous días, e os posibles beneficios irán destinados á financiación do novo número da revista das compas de Abordaxe!
__

Xoves 2 de febreiro

20:00 · Presentación de “Memorias de Liberdade” da Western Wildlife Unit da Frente de Liberación Animal.

Algunhas persoas participantes do colectivo de “Comunicación Anarquista Abordaxe!” e da “Distribuidora Anarquista Polaris” vimos de editar por primeira vez en galego este texto que narra unha das campañas de loita pola liberación animal máis efectivas xamáis emprendidas contra a industria peleteira nos EUA.

22:00 · Ceador vegano

Lugar: CSOA Escárnio e Maldizer (R/ Algalia de Riba, 11)

__

Venres 3 de febreiro

20:00 · Presentación de “Arredismo e Anarquia – Compilaçom de textos sobre anarquismo e liberaçom nacional”.

Editada conxuntamente por “Ediçons Diaspora” e “Comunicación Anarquista Abordaxe!” trátase dunha compilación de textos escritos na última década, en torno á relación do anarquismo e as loitas de liberación nacional, e abarca tamén unha análise histórica dos posicionamentos anarquistas a prol destas loitas. Partindo desa presentación tentaremos profundar un debate sobre as ligazóns entre o anarquismo e os proxectos emancipatorios dos pobos do mundo.

22:00 · Ceador vegano

Lugar: CSA do Sar (R/ Curros Enríquez, 28)