[Nova Edición] Desmontando mitos arredor do veganismo e a xente racializada (Sarambi)

Continuando coa nosa labor de traducción e difusión de textos de contido antiespecista pero cunha chave decolonial e non eurocéntrica, decidimos traducir e editar en galego e castelán un texto breve asinado por Sarambi e que nós tiramos do fanzine en inglés «My vegan-edge is anything but white», editado por Warzone Distro.

O texto pretende servir de réplica aos principais argumentos que xorden en resistencia aos planteamentos e prácticas veganas/antiespecistas dentro de espazos decoloniais ou de activismo antirracista, onde ás veces presupoñen que o veganismo é algo branco, colonial, e que polo tanto debe ser rexeitado cando, en realidade, as propias cosmoloxías indíxenas e as relacións pre-colombinas entre moitos pobos indíxenas e os animais non humanos eran, de feito, moi distintas.

Para ler online/descargar (se o imprimides aconsellamos facelo en formato folleto nunha folla A-4, de xeito que ao dobralo vos quede un díptico moi lindo):

Galego
Castelán