O próximo venres 27 de febreiro, ás 20:00, estaremos no Centro Social Okupado e Autoxestionado Quinta da Carminha (Rúa do Carme nº 1, Vigo) para presentar o noso proxecto.
Darase unha palestra na que se presentará o proxecto, introducindo o seu funcionamento e percorrido ata a data, e os seus criterios e bases. Acto seguido, presentaranse os fanzines «Manifiesto Antiadultista», «¿Quién dijo que el holocausto había terminado? Un intento de trazar paralelismos entre la maquinaria asesina nazi y las industrias de explotación animal» e «Género, identidad, deseo, Patriarcado, heteronorma y represión» editados polo noso colectivo e disponibles na sección de «Edicións propias» deste blog para a súa descarga gratuita. Para rematar, haberá un debate-coloquio sobre a distribución anticomercial e os seus dilemas, e no caso de que alguén teña dúbidas, unha turna de preguntas.
Vémonos alí!