Presentámosvos a nosa última edición, o texto «Por que os misóxinos son tan bós informantes? Como a violencia de xénero na esquerda facilita a violencia do Estado nos movementos radicais», da autora Courtney Desiree Morris, activista feminista negra que vive nos EUA. Deixámosvos cos enlaces para a lectura online e descarga do texto e coa introducción.
Para ler online ou descargar:
“Quixera dicir algo, pero quizais sexa inútil. Volvéronnos a enganar, unha vez máis de xeito sutil, como o adoitan facer. Fomos xenerosas, acolledoras, maternais. Falamos, discutimos, cantamos, exhibimos ata os máis inxenuos dos nosos berros, sen comedimiento, sen pudor feminino, coa absurda esperanza de facer comprender a quen non pode comprender, nin quere comprender, canta liberdade, canta autenticidade, canto amor, canta vida quitóusenos. Todo foi inútil, irmás. Os ollos dese home que circula entre nós, coa súa cara falsamente respectuosa e que di que quere informarse, coñecernos mellor, porque só coñecéndonos mellor poderá cambiar a súa relación connosco, de todas as súas falsas e hipócritas xustificacións, esta é a máis sucia. Como vos ía dicindo, os ollos deste home son os ollos do sempiterno macho que o deforma todo porque todo veo no espello do ridículo e a burla. O senvergoña é sempre o mesmo…”
– W.I.T.C.H. (Women´s International Terrorist Conspiracy from Hell).
O presente texto, titulado orixinalmente “Why Misogynists Make Great Informants: How Gender Violence on the Left Enables State Violence in Radical Movements” foi escrito por Courtney Desiree Morris, activista feminista negra que vive nos EUA., e publicado no número de Primavera/Verán de 2010 da revista feminista Make/Shift. Eu traducino a castelán (ata onde eu sei é a primeira tradución dispoñible) tamén coa intención de tentar dar difusión a unha voz feminista e negra sobre este asunto, en lugar de seguir reproducindo ideas de homes brancos cargados de privilexios (a pesar de que eu mesmo sexa un home branco cis que vive en Europa).
Aínda que hai aspectos puntuais do texto que non comparto como anarquista, como a referencia constante da autora a si mesma e a outres activistas como “organizadores”, asumindo que é necesario ese rol dentro de organizacións (o que na miña opinión conduce a un funcionamento vertical das mesmas), o escrito paréceme unha interesante achega no que respecta á análise e a crítica da permisividade mostrada cara ao privilexio masculino cishetero dentro dos movementos sociais, organizacións e grupos da esquerda ou do ámbito alternativo radical (aínda que con isto tamén manteño diferenzas, xa que persoalmente non apoio a idea de que o anarquismo sexa “un movemento de esquerdas” nin tampouco asumo a esquerda como identidade política).
No texto, a autora reflexiona acerca de como a violencia de xénero reproduce patróns que desestabilizan os movementos e destrúen os vínculos entre es activistas igual que fan os informantes policiais infiltrados. Sen que este paralelismo pretenda reducilo todo a unha cuestión de misóxino = informante, si é útil para explicar e entender o efecto devastador que as actitudes machistas, transfóbicas, homófobas etc. teñen sobre os movementos sociais e as loitas, sementando desconfianza, medo e opresión onde debería haber relacións honestas baseadas no apoio mutuo, a confianza, o agarimo e a solidariedade entre iguais que autogestionan a súa seguridade coidándose mutuamente e revisando as súas actitudes para evitar aquelas que fagan sentir mal ou agredides aos seus compañeires.
Agardo que o texto vos pareza tan interesante como a min.
Contra calquera actitude opresora e autoritaria dentro e fóra dos nosos espazos de loita!
Advertencia de contido: Para persoas sensibles, advirto de que nalgúns puntos, o texto describe situacións de malos tratos, abuso e/ou manipulación cara a mulleres e persoas de xénero variante por parte de homes.
Pingback: A Distribuidora Anarquista Polaris edita “¿Por qué los misóginos son tan buenos informantes?: Cómo la violencia de género en la izquierda facilita la violencia del Estado en los movimientos radicales” de Courtney Desiree Morris
Pingback: [Publicación] A Distribuidora Anarquista Polaris edita “¿Por qué los misóginos son tan buenos informantes?: Cómo la violencia de género en la izquierda facilita la violencia del Estado en los movimientos radicales” de Courtne