O vindeiro xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00, proxectaremos no CSA Cova dos Ratos a curtametraxe “The Herd” (O Rabaño), realizado pola directora vegana e feminista Melanie Light en Reino Unido no ano 2014. De aproximadamente 45 minutos de duración, foi descrito como a primeira curtametraxe vegana e feminista pola propia directora, que pretende rachar co Referente Ausente, que diría Carol J. Adams*, para mostrar a realidade das industrias lácteas de todo o mundo dun xeito controvertido pero impactante e directo.
A curta contén algunhas escenas de violencia gráfica que poden non ser aptas para todas as persoas. De todos xeitos, trataremos de que sexa un espazo seguro e cómodo para todes.
Agardamos vervos alí!
* Nota: Carol J. Adams é unha autora feminista e vegana que escribiu a obra “La Política Sexual de la Carne” onde relaciona o consumo de carne coa construción do mito da “masculinidade”, e entre outros temas, trata o concepto do Referente Ausente da seguinte maneira: “Detrás de cada prato de carne hai unha ausencia: a morte do animal. A función do referente ausente é manter a nosa “carne” separada da idea de que ela ou el no noso prato foron unha vez un individuo que quería vivir. É manter lonxe a idea de que esa carne era alguén e non algo. O referente ausente funciona de igual maneira na opresión cara á muller e outros grupos desfavorecidos. Na nosa cultura se cosifica á muller converténdoa nun obxecto sexual reducíndoa a un “algo” no canto de alguén que merece respecto. Esta relación entre explotación animal e a cultura patriarcal fai que a miúdo os termos que se usan para designar as partes de animais para consumo sexan intercambiables coas partes do corpo feminino.”