Audio da nosa presentación da publicación «Hasta Que Todes Seamos Libres: Una Mirada Crítica a los Vicios de la Lucha Contra el Especismo» no Encuentro de Distribuidoras Anticomerciales de Palencia

O pasado 1 de abril un membro do noso coletivo estivo en Palencia, no VII Encuentro de Distribuidoras Anticomerciais presentando a nosa publicación «Hasta Que Todes Seamos Libres: Una Mirada Crítica a los Vicios de la Lucha Contra el Especismo» nunha actividade que nós, persoalmente, valoramos de xeito moi positivo, sobre todo polas achegas das compas asistentes e o debate xerado arredor das mesmas.

A palestra e o debate foron grabados en audio, e agora, aínda que con certa demora, gustaríanos compartir con vós ese audio para que aqueles que non puidéchedes estar pero teñades interese, poidades escoitala.

Grazas ás compas organizadoras por convidarnos ao evento e contar con nós, valorando o noso traballo. Querémosvos!