Audio da presentación de “Hasta Que Todes Seamos Libres” en Santander

A mediados do pasado mes de novembro estivemos en Santander presentando a nosa publicación “Hasta Que Todes Seamos Libres: Una Mirada Crítica a los Vicios de la Lucha Contra el Especismo” dentro do I Encontro do Libro Anarquista de Santander. Queremos antes de nada agradecer enormemente ao grupo de compañeires que organizaron o evento por convidarnos e por tratarnos tan ben. Pasamos unha fin de semana marabillosa con vós e sentímonos coidades e como na casa.

A cuestión é que xa temos o audio da presentación que se fixo alí, e queremos deixalo aquí para que aqueles que teñades interese poidades escoitalo ou compartilo. Aconsellámosvos usar auriculares xa que o volume do son non é moi alto e por momentos non se escoita moi ben. Grazas ás compañeiras que grabaron e compartiron o audio.

Para descargar, clickade aquí co botón dereito do rato e seleccionade Guardar enlace como…