[Nova Edición] Votar no es reducir el daño: Una perspectiva indígena (Indigenous Action)

Para ler online/descargar, click aquí.

“As ferramentas do Amo nunca desmontarán a casa do Amo”

– Audre Lorde

Antes de nada queremos aclarar que quen isto traduce é unha persoa branca, nada en Europa, sen relación algunha coa experiencia de formar parte dun pobo indíxena e sufrir colonialismo, ocupación, espolio ou unha política máis ou menos disimulada de exterminio e epistemicidio. A nosa intención, por tanto, non é falar poles indíxenas nin polas persoas racializadas senón, pola contra, tratar de usar os medios ao noso alcance para amplificar na medida do posible as súas voces.

Pola nosa banda, chegamos a un punto no que, para ser sinceires, o que nos importa non é tanto se votas ou non (que ao final é bastante pouco relevante a efectos prácticos e a coherencia parécenos bastante reaccionaria), senón que fas o resto do tempo, con que te implicas e que loitas levas a cabo. Con todo, se hai algo que nos xera repulsión son as persoas que tentan manipularnos para que aceptemos votar ou que nos culpabilizan ou sinalan se eliximos non facelo. Moitas veces cando criticamos, como anarquistas, os fraudes electorais cos que a democracia lexitima e perpetúa o seu dominio, atopámonos con persoas que nos acusaban de tomar a decisión de non votar e de criticar ao sistema electoral desde o noso privilexio branco de persoas europeas con papeis que non terían que enfrontarse á deportación ou a persecución se determinadas formacións políticas chegasen ao goberno. Pasando por alto o inxenuo de pensar que o racismo e a deportación son cousa dunhas poucas formacións políticas especialmente grotescas e non dun sistema enteiro e unha cultura arraigados no colonialismo e o imperialismo, goberne quen goberne (coma se os partidos de suposta “esquerda” non demostrasen tamén a súa capacidade para perseguir a migrantes indocumentades, xustificar e enriquecerse con guerras e construíndo CIEs e fronteiras, non tivesen policía, etc.) estas falacias desconcértannos, especialmente porque a gran maioría de persoas que nos dicían isto son persoas brancas tamén, aínda que visto o visto parece que consideran racista non votar pero en cambio non consideran racista o seu constante paternalismo, o seu rol “portavoz” falando polas persoas racializadas e a súa instrumentalización da opresión que sofre a xente racializada como argumento para defender o voto dun branco no mesmo sistema colonial que oprime a esas persoas. É un fenómeno, canto menos, curioso.

Nós como xa dixemos ao comezo desta introdución non queremos falar poles racializades e indíxenas (tampouco para dicirlles que non voten, ollo) así que para futuras eleccións e en plena corentena pareceunos interesante traducir e difundir este texto des compañeires de Indigenous Action para alimentar o debate e que cada persoa decida. O texto céntrase no contexto estadounidense pero, salvando distancias, a verdade é que nos parece totalmente extrapolable a outros contextos xeograficamente máis próximos. Esperamos espertar a reflexión e sobre todo, alentar á auto-organización e a acción directa sen intermediaries.