Palestra + Coloquio – «Exércitos nas rúas: Informe UO2020 da OTAN e militarización da vida cotiá» (A de Rousmeri, Caroi, Terra de Montes)

Esta finde volvemos á casa dos nosos amigos e irmáns da Rousmeri (Caroi, Terra de Montes, Cotobade) para esta xornada antimilitarista que organizamos o domingo a partir das 19.

Despois de que a capital do Reino fose sede dunha nova cumbre da OTAN, compartiremos algunhas impresións breves sobre as mobilizacións en Madrid contra ela e sobre o que cremos que supuxo en materia de reforzo da represión e o control. Falaremos sobre o Informe UO2020 da OTAN, a militarización interior e os exércitos nas rúas, unha realidade que aínda que pode semellar o escenario dunha distopía futurista trátase dunha realidade cada vez máis presente e da que xa puidemos ver varios ensaios e adiantos.

Despois da charla, Utopie veñen traernos o seu post-punk triste pero bailable dende Lille, Francia, e estarán acompañados polo punk dos nosos amigos de Lamprea. Haberá cea!

Vinde conspirar e danzar con nós ao pe das montañas! Teremos material da nosa distri 🖤