Coincidindo coa proximidade da festividade de Samhaím/Halloween un ano máis, queremos dar unha pequena rolda de presentacións da nosa traducción do texto «Devil’s Night: On the ungovernable spirit of Halloween» (La Noche del Diablo: Sobre el espíritu ingobernable de Halloween), que publicamos hai 2 anos, na Noite de Samhaín do 30 de outubro de 2020, e que pode atoparse e consultarse aquí. Comezamos coma sempre na casa, na nosa querida Librería Metáfora (Travesía Chariño 9, Pontevedra) o vindeiro xoves 27 de outubro ás 19:30.
Falaremos sobre as orixes desta feira que se achega, de paganas, meigas, disturbios e nenas salvaxes, e do contido e potencial subversivo que podemos aproveitar de toda esa historia eclipsada polo produto no que foi transformada esa noite enmeigada.