[Palestra] Presentación de «La Noche del Diablo: Sobre el espíritu ingobernable de Halloween» na Rousmeri (Caroi)

Continuando coas nosas presentacións para estas datas tan tenebrosas, o vindeiro martes día 1 de novembro, ás 19 da tarde, estaremos na casa dos nosos irmáns da Rousmeri (Lugar O Porto, 2, Caroi, Cotobade, Terra de Montes libre e salvaxe) para falar da nosa traducción do texto «La Noche del Diablo: Sobre el espíritu ingobernable de Halloween» que podedes revisar aquí. Falaremos das orixes desta feira que se achega, de paganas, meigas, disturbios e nenas salvaxes, e do contido e potencial subversivo que podemos aproveitar de toda esa historia.

Tras a palestra, haberá unha rica cea vegana para compartir mentras nos amenizan a noite dúas bandazas que veñen dende terras francesas para facernos berrar, saltar e bailar profanando toda norma e burlándonos de todo o sagrado:

Yarostan (post-hardcore / screamo dende Marsella)
Wormsand (stoner/sludge psicodélico ben aplastante dende Menton)

Todes convidades, vén pasar con nós unha noite de Samhaín chea de amizade, caos e anarquía!

PD: Veñades disfrazades ou non, lembrade que a Rousmeri está nas montañas de Caroi, e nestas datas pola noite xa vai bastante frío, polo que aconsellamos levar roupa quentiña.