[Nova Publicación] «La Noche del Diablo: Sobre el espíritu ingobernable de Halloween»

Para descargar/ler online, click aquí

Con motivo destas datas tan profanas, publicamos a nosa traducción do libelo «Devil’s Night: On the ungovernable spirit of Halloween«. O texto, anónimo, apareceu orixinalmente publicado na revista Mask Magazine en outubro de 2015. Posteriormente, foi revisado e ampliado e reeditado por Ruine des Kapitals, de onde nós o descargamos para a súa traducción e edición en castelán. A nosa intención é rescatar o que consideramos un anaco da historia subversiva do esquecemento ao que foi condeado polos mesmos procesos de recuperación, pacificación e asimilación que temos visto noutros eventos, festividades e efemérides significativas dun xeito ou outro para o movemento revolucionario.

De onde vén Halloween? Por que un conxunto de rituais paganos transformouse nunha moda máis da sociedade de consumo? Por que tantas veces, grupos de rapaces e xóvenes sen unha militancia política particular, aproveitaron Halloween para desfrutar profanando o sono tranquilo dos «bós cidadáns», atacar a propiedade e burlarse dos adultos, da policía, dos profesores e dos políticos? Que relación garda a recuperación de Halloween e Samhaín coa persecución á disidencia, as queimas de bruxas ou os procesos colonialistas? Cremos que é importante mergullar no pasado, revisar unha e outra vez de onde vén a cultura que nos foi ensinada, e profanala, atentando unha e outra vez contra o silencio que a neutraliza. No caso de Halloween, unha festividade con tanto potencial e contido rebelde e que tantas veces tentaron aniquilar, silenciar ou domesticar, o exercizo parécenos especialmente interesante.