[Nova edición] «Letras dende o victimario» (Xavier Bayle)

Decidimos editar en formatos sinxelos algúns textos máis curtos que aínda que xa levan tempo dispoñibles en Internet ou en distintas publicacións a nós parécennos especialmente chamativos ou interesantes, e para comezar con esta serie de materiais a nosa primeira entrega é «Letras dende o victimario» de Xavier Bayle, do que presentamos tanto a nosa edición en castelán como a nosa edición en galego (ata onde temos coñecemento a única dispoñible na nosa lingua ata o momento) e que para nós representa unha reflexión breve pero intensa sobre o que significa vivir na outredade, no lado desafortunado da opresión.