[Distribución] Temos á venda copias do novo L.P. de Furnier (Pluvio)

cartel_2_bInformamos de que decidimos actuar como punto de distribución do novo disco de Furnier, rapeiro anarquista compostelano que acaba de sacar o seu novo L.P. Pluvio, un traballo editado en vinilo e que conta coa colaboración doutras figuras do panorama do hip-hop underground galego, coma Black Dahlia e Alba G, DJ Tips nos scratches e M. Padrón na produción das instrumentais.

O seu prezo son 12 euros. Para solicitar unha copia, podédesvos poñer en contacto connosco a través do enderezo de e-mail da distri: distripolaris@riseup.net

O disco tamén estará próximamente en descarga libre e gratuita en formato dixital dende as seguintes plataformas, onde tamén se poden atopar para baixar outros traballos anteriores do artista:

hiphopateneu.blogspot.com
furnier.bandcamp.com

furnierblog.blogspot.com
mundolibertario.org/furnier

Agradecémosvos toda axuda na difusión!

[Nova edición] Editado en galego “Memorias de Liberdade” da Western Wildlife Unit da Frente de Liberación Animal

Algunhas persoas participantes do colectivo Abordaxe! e da Distribuidora Anarquista Polaris vimos de traducir e editar en galego o texto “Memorias de Liberdade”, da célula Western Wildlife Unit da Frente de Liberación Animal. O texto narra unha das campañas de activismo máis efectivas xamáis emprendidas contra a industria peleteira nos EUA.

A Western Wildlife Unit foi un pequeno núcleo afín á FLA composto de activistas antiespecistas, veganxs e eco-anarquistas de orixe indíxena (da tribu Pascua Iaqui) que ademáis de conectar na teoría as opresións sufridas polo seu pobo coa opresión dos animais non-humanos, lograron poñer contra as cordas a estes negocios mediante unha serie de potentes ataques que incluíron sabotaxes incendiarias a obxectivos estratéxicos, liberacións de animais e escritos de presión dirixidos ás autoridades.

O desexo de traducilo e publicalo en galego xorde da necesidade dunha edición na nosa lingua coa intención de espallar todo o posible un texto que no seu día transmitiunos moitas cousas e que consideramos unha letura esencial para coñecer unha campaña militante exemplar. Porque lonxe das críticas absurdas de moitas persoas que opinan que este tipo de accións “dan mala imaxe” ao “movemento” e “son inútiles”, este texto e as experiencias de loita que narra demostran que non fan falla grandes medios para levar a cabo accións contra as industrias de explotación animal, e que un pequeno grupo de activistas sen grandes recursos ao seu alcance pode arrinconar e mesmo destruír aos seus obxectivos. Algunhas persoas sufriron posteriormente duras medidas represivas cando foron detidas ou extorsionadas polos Grandes Xurados, investigadas etc. pero con todo, o tremendo dano causado a esas empresas é innegable e en moitos casos, irreparable.

A publicación deste texto non podía chegar en mellor momento, a apenas un día de cumprirse o aniversario da morte do activista antiespecista Barry Horne, e gustaríanos adicarlle isto á súa memoria, e á memoria de todas as compañeiras e compañeiros que morreron loitando por un mundo sen gaiolas. Por Barry, por Jill, por todxs. Polxs que sufren o cárcere por ir máis alá das palabras e polxs que aínda seguen por ahí e non cesan.

Para ler ou descargar o texto:

captu

Nova edición: «Que ten de malo a enerxía renovable? 10 cousas que as ecoloxistas necesitan saber acerca da enerxía renovable»

Portada galego blogsCada vez que tentamos poñer sobre a mesa as nocividades implícitas nas denominadas «enerxías renovables» ou «enerxías limpas», atopámonos a miúdo cunha cerrazón estrita ao redor do tema que apQue ten de malo a enerxía renovable? 10 cousas que as ecoloxistas necesitan saber acerca da enerxía renovableela a que as formas tradizoais para producir enerxía, baseadas en combustible fósil, son peores e máis destrutivas, coma se iso resolvese a cuestión e de súpeto non fose importante falar dos problemas que conlevan esas enerxías «ideais» só porque o modelo co que levamos toda a vida (e cuxa única alternativa concebible na visión de túnel de moitas persoas parece ser a enerxía renovable) é peor.

Quen recollímos, traducimos e editamos este texto neste libriño que tes entre as mans somos conscientes de que a dependencia das nosas sociedades con respecto á tecnoloxía e ás infraestruturas que funcionan con distintas formas de enerxía é enorme, xa que especialmente en contornas urbanas (e non só) o abastecemento das nosas necesidades depende enteiramente de redes de produción e transporte que non funcionan con aire. Se eses medios deixasen de funcionar, o impacto sería atroz. Por iso, sabemos que agora mesmo pretender renunciar de súpeto a todo isto só derivaría nunha proliferación de nocividades e nunha gran escaseza. Con todo, non hai que perder de vista o feito de que eses recursos dos que depende a estabilidade deste xeito de vida (que doutra banda a nós parécenos unha auténtica merda inxusta, desigual, cruel e absurda baseada na explotación, a miseria e a opresión) están a esgotarse igualmente, queiramos ou non, e que as únicas «alternativas» que saen á luz están cheas de contradicións e canellóns sen saída dos que parece que é tabú falar sen que alguén resposte de inmediato con que o petróleo contamina máis (e por tanto, a contaminación ou destrución ambiental provocada polas renovables carece de importancia).

Como estamos cansas de atoparnos con este tipo de resposta e falacias dentro mesmo dos propios ámbitos ecoloxistas ou antidesenvolvistas nos que nos movemos (e por suposto fóra deles), decidimos recoller e traducir esta pequena achega, titulada orixinalmente «What’s wrong with renewable energy? 10 things that environmentalists need to know about renewable energy» (Que ten de malo a enerxía renovable? 10 cousas que as ecoloxistas necesitan saber acerca da enerxía renovable), composto de 10 teses breves que tratan de desmitificar, aínda que de forma concisa, as denominadas enerxías renovables, pero non para apoiar con iso de maneira directa ou indirecta aos lobbies petrolíferos ou ás empresas mineiras, senón para propoñer unha terceira vía de debate onde o menos malo non se acepte polo mero feito de existir algo peor. Porque a nós non nos vale máis paxaro en man que cento voando. Queremos que todas sexan libres, queremos ser todas libres. Por suposto, con isto simplemente queremos introducir unha cuestión que nos parece importante lembrar e manter presente e vixente, pero esperamos que novas lecturas e debates ou propostas saian á boia porque somos conscientes de que con estes 10 argumentos non abonda. Non pretendemos sentar cátedra sobre nada, non somos expertas nin queremos converternos en profesionais, simplemente pensamos que é hora de repensar moitas cousas ao redor das renovables, confundidas a miúdo coa pedra filosofal ou cun elemento de alquimia enmeigado (só así se entende a confianza cega que tantas persoas depositan na presunta inocuidad das devanditas fontes de enerxía).

O texto foi extraído do blogue Stories of Creative Ecology e editado primeiro en inglés en formato caderno pequeno por Oplopanax Publishing, unha editorial anarquista estadounidense que entre outras cuestións toca temas como a loita contra o racismo e a colonización, loitas feministas ou de xénero, debates ao redor de grandes eventos de protesta, insurrecionalismo, situacionismo e teoría post-esquerda e por suposto, a defensa radical do territorio e a natureza. Desde Distribuidora Anarquista Polaris aconséllovos botarlle unha ollada aos seus materiais, que aínda que están en inglés son en grao sumo interesante. Nós recollemos este texto e reeditámolo traducido a castelán e galego.

Agardamos que vos resulte útil e interesante.

Distribuidora Anarquista Polaris. Outono 2016.

P.D.: Somos conscientes de que para editar isto usamos medios e recursos que dependen desas mesmas tecnoloxías que estamos a criticar (papel, impresoras, computador, enerxía eléctrica…). Asumimos a contradición e non negamos a nosa dependencia dos devanditos medios nin as cousas positivas que podemos obter deles. Simplemente, non cremos que compensen o impacto natural en forma de innumerables nocividades e por suposto, tampouco cremos que por usar unha tecnoloxía concreta esteamos exentas de poder criticala e revisala.

Para ler online/descargar:

En galego:

En castelán:

[Nova Edición] «Droga es racismo: Recopilación de textos de personas no blancas contra las drogas» (colaboración con Distribuidora Peligrosidad Social)

PortadaOla a todes!

Presentámosvos a nosa última edición, realizada en colaboración coa distribuidora anarquista Distribuidora Peligrosidad Social de Madrid. Trátase neste caso dunha compilación de 3 textos recollidos e traducidos do inglés de fanzines publicados no seu día pola distribuidora eco-anarquista, antiespecista e straight-edge estadounidense XWARZONEX (da que podedes atopar máis materiais premendo aquí, obviamente en inglés), e que teñen en común a crítica das drogas coma instrumento de represión e exterminio empregado polos Estados contra a poboación non-branca, así como o feito de estar escritos por persoas que pertencen a ditos grupos étnicos oprimidos.

O fanzine foi editado en castelán, pero podedes atopar xa unha edición nosa en galego dun dos textos presentados no mesmo (ver Nova edición: “Capitalismo + Droga = Xenocidio” por Michael “Cetewayo” Tabor, preso do Black Panther Party). Así mesmo, estamos a traballar en edicións en galego dos dous restantes.

Deixámosvos coa introducción traducida ao galego.
Para descargar ou cotillear online o fanzine, premede aquí.

___________________________

Actualmente, calquera texto ou argumento que critique as drogas, mesmo dentro do propio ámbito anarquista ou antagonista e por suposto fóra del, cando non recibe directamente a burla e a risa acompañadas dunha serie de comentarios bastante desafortunados e ofensivos onde se confunde o rexeitamento ás drogas con ser unha «miñaxoia», adoita ter como resposta unha evasiva simplona ou unha serie de pretextos que non van á raíz do problema e afrontan o asunto desde unha perspectiva puramente hedonista e individualista que é pouco diferente á que basearía as xustificacións de calquera representante dun colectivo dominante ou opresor para perpetuar e manter os seus privilexios, e que é residuo da mentalidade liberal que nos ensina a velo todo de forma individual e a non buscar a orixe dos problemas nunha realidade material colectiva.

Para as persoas que colaboramos para seleccionar e traducir os textos aquí presentados e para editar este material, é fundamental buscar o xerme de toda a problemática das drogas nxs mesmxs que se colgan a medalla e preséntanse como os seus maiores inimigos. Falamos dos Estados e os seus policías, dos xuíces e fiscais e as súas prisións, dos exércitos imperialistas que colonizaron terras indíxenas e séculos despois continúan oprimindo a eses pobos, pero sobre todo, das propias condicións nas que nos atopamos, as dunha vida insoportable, onde o único xeito de manter o ritmo e a cordura é usando as drogas para producir estímulos artificiais (xa que a realidade que nos rodea está baleira de motivacións) ou para adormentar os nosos sentidos, os sentimentos e o subconsciente evitando así facernos demasiadas preguntas. Se rexeitamos os tóxicos deste sistema e centrámonos en manter a mente clara, só nos queda unha opción, a resistencia, enfrontarnos a todo aquilo que nos desilusiona e entristece, que nos mata, que nos escraviza, a nós e axs que están ao noso ao redor (e en todas partes). Por iso, para analizar e criticar as drogas hai que analizar e criticar este sistema, xa que son realidades na nosa opinión intimamente relacionadas e inseparables.

Este material pretende ser unha achega nese sentido, en concreto para axudar a atopar nexos entre a loita contra as drogas e a loita contra formas de opresión como o colonialismo ou o racismo, tentando ofrecer textos inéditos ata agora en castelán (ata onde nós sabemos) onde a crítica das drogas entrelázase con outras críticas interseccionais á loita contra este sistema e as súas estruturas de poder. O que pretendemos é contribuír á crítica e deconstrucción da cultura da intoxicación e os seus mitos desde distintos enfoques, para que todxs poidan analizar a función das drogas nas súas comunidades ou colectivos e reflexionar para superar esa relación, a cal sempre é de dependencia, en maior ou menor medida, e por tanto insana e contraproducente. Agardamos acadar o noso obxectivo.

Nota: Neste fanzine inclúense textos onde militantes de raza negra ou de pobos indíxenas falan sobre o impacto devastador das drogas nas súas comunidades. Quen editou este material somos dúas persoas brancas que vivimos en Europa. Por iso, cremos oportuno aclarar que ao traducir e publicar os seus textos non é a nosa intención representalas, caer en posturas paternalistas ou apropiarnos da loita desas persoas nin nada semellante. Ao contrario, pretendemos con isto axudar a darlles máis visibilidade e voz e deixar que sexan esas mesmas persoas as que falen e conten a súa historia, a cal agradecemos e valoramos que contasen a pesar da represión e a censura.

Os colectivos editoriais

Distribuidora Anarquista Polaris
Distribuidor Perigo Social

Nova edición: «Afundir a frota» de Rod Coronado

Portada blogsXa fai uns cantos anos, no número 9 da revísta Sombras y Cizallas (unha publicación antiespecista e antiautoritaria centrada sobre todo na práctica da acción directa ilegal contra a explotación de animais que se publicaba no Estado español) aparecía a versión traducida dun texto de Rod Coronado que aparecera anteriormente en Non Compromise, outra publicación antiespecista neste caso de Estados Unidos, e onde o compañeiro relataba unha acción que levara a cabo en 1986 para deter a caza de baleas en Islandia. Durante aquela acción, Coronado e o seu cómplice lograron afundir 3 dos 4 barcos baleeiros do porto de Reikiavik, e acabaron coa estación baleeira, destruíndo os equipos informáticos e a documentación, e roubando algúns dossieres, ademais de arruinar as instalacións rompendo e esnaquizando canto se atoparon no seu camiño. Como resultado, a caza de baleas non puido producirse naquel ano nin nos seguintes, e hoxe en día aquela acción considérase unha das accións máis potentes levadas a cabo naquel país contra a caza de baleas, xa que estivo a piques de terminar con ese negocio para sempre, e causou unhas perdas económicas incalculables.

O que me leva a reeditalo, ademais de tentar animar unha vez máis á difusión dun texto que me parece apaixoante, é mostrar o que 2 persoas con vontade, determinación e rabia dabondo poden chegar a lograr a pesar de non contar con grandes medios, só coa súa convicción. Trátase dunha historia que nos fala de valor, de humildade e de dúas persoas que fixeron o que había que facer, a pesar do medo e do risco, porque simplemente non podían seguir mirando cara a outro lado, nin tampouco seguir agardando a que outras persoas actuasen por eles, e fixeron aos asasinos pagar caras as súas atrocidades contra as baleas.

Agardamos que este texto fágavos sentir a mesma emoción que nos fixo sentir a nós.

Para ler online ou descargar o fanzine:

En galego:

En castelán:

Nova edición «Reivindicación de una dieta vegana» por Gerfried Ambrosch

portadaAquelas persoas que escollimos un estilo de vida vegano e que temos aplicado nas nosas vidas as conviccións que nos levaron a posicionarnos en contra do especismo estamos máis ou menos acostumadas a atoparnos cos mesmos argumentos e críticas unha e outra vez. Ás veces é fácil ter a sensación de que alguén cargado de resentimento cara as persoas veganas molestouse en redactar un manual recopilando todas as súas críticas, xa que pode chegar a ser sorprendente como entre persoas que viven a moita distancia, nin se coñecen e nunca intercambiaron unhas palabras aparecen sempre os mesmos argumentos. Que se as proteínas, que se a B-12 e os suplementos, que se o calcio e o ferro, que se a crianza ecolóxica de animais, que se os animais tamén se comen os uns aos outros, que se a cadea alimenticia… Respostar a todo isto en cada debate no que nos vexamos envoltes pode chegar a ser moi cansino e hai ocasións nas que eu, polo menos, e sei que outres compañeires tamén, desexaríamos contar cunha lectura a man que poder aconsellar a todas esas persoas que reiteran as mesmas razóns rebatidas mil e unha vez antes. É desa necesidade da que xurdiu a idea de editar a presente publicación, a cal contén un texto moi peculiar, onde unha persoa vegana (o autor) escribe respostando aos argumentos máis comúns que se empuñan en contra do veganismo como estilo de vida, ofrecendo respostas que esquivan recursos cómodos e contraproducentes coma o insulto fácil ou a burla e buscan respostar a todas esas dúbidas, para rematar concluíndo que non se pode negar sen falacias que o veganismo é unha alternativa factible que permite reducir drásticamente a nosa contribución á explotación, escravitude e matanza de animais e ao deterioro e contaminación do medio ambiente, aínda con todos os aspectos dun estilo de vida vegano que se poderían criticar (desde a súa fácil asimilación por parte da sociedade capitalista e as súas empresas que convírtenno nunha mera alternativa de consumo completamente inofensiva ata a súa falta de conciencia – ás veces – arredor de temas como a defensa da natureza e do medio ambiente ou a interseccionalidade entre a loita pola liberación animal e o resto de loitas contra as estructuras de dominación que afectan a humanes, ou de consideración cara as diferentes condicións que marcan o contexto puntual doutras persoas e doutros pobos, onde o veganismo pode perder viabilidade).

Parto da base de que eu non son perfecto, e que todes temos as nosas incoherencias. Moites de nós vivimos en cidades onde acceder a verduras ecolóxicas e de calidade é moitas veces demasiado caro ou complicado, e onde a propia agricultura ecolóxica converteuse nunha etiqueta máis do capitalismo, coa que grandes corporacións véndennos os seus produtos «eco-friendly» tan daniños como calquera outro. Desprazámonos en medios de transporte que teñen un gran impacto natural por autoestradas e vías de tren que arrasan o territorio onde son construídas, e dependemos de fontes enerxéticas que están a reducir cada vez máis rápido a Terra a un horrible e desolador deserto… Compremos a nosa comida, reciclémola ou expropiémola, somos conscientes de que dependemos dunha serie de empresas que producen grazas a uns medios de fabricación industrial que tamén xeran un impacto nos ecosistemas onde habitan os animais, e iso por non falar dos transportes e os métodos de envasado. Maldita sexa, ata para imprimir este libelo causouse un impacto que repercutirá sobre incontables vidas de animais! Por iso, non creo que estea en situación de aleccionar a ninguén sobre nada. Traballamos sobre as condicións que nos tocou vivir (ou máis ben soportar) e asumimos as contradicións tentando superalas ou loitar contra elas, entendendo a coherencia non como unha obriga senón como unha pelexa diaria na cal una das principais armas das que dispoñemos é o debate honesto e a autocrítica. Pensando sinceramente que o contido deste material pode contribuír en gran medida a ambas cousas, é que decidín publicalo.

O texto foi escrito por Gerfried Ambrosch, e recolleito en inglés do blogue de Momentum, unha banda de crust punk británica da que o autor é membro e que entre outros valores e ideas promove nas súas letras e actitude o antiespecismo e o rexeitamento a toda figura de opresión ou dominación. Foi traducido do inglés e reeditado neste formato durante as últimas semanas da primaveira e as primeiras semanas do verán de 2016.

Ademais da tradución, engadín algunhas notas ao pé de páxina tanto para facer algunhas matizacións ou aclaracións que considerei necesarias como para explicar algúns desacordos puntuais co autor que me parecía importante sinalar, sen por iso desmerecer o seu traballo nin a achega que realizou ao escribir este texto.

A min gustoume moito lelo a medida que o ía traducindo e agardo que vós gocedes tanto coma min, e sobre todo agardo que vos resulte útil. Discutídeo, debatédeo, pasádeo de man en man, copiádeo.

Como sempre, toda copia, distribución ou reprodución deste texto sen o permiso expreso do autor ou do editor aquí presente queda terminantemente recomendada e será de agradecer.

Por un mundo sen gaiolas!

Para descargar ou ler online o fanzine:

Nova edición: «Capitalismo + Droga = Xenocidio» por Michael «Cetewayo» Tabor, preso do Black Panther Party

portadaO texto aquí presentado foi escrito por Michael “Cetewayo” Tabor, preso político do Black Panther Party dende a prisión. A data exacta descoñécese ata onde eu sei, aínda que o autor fala de situacións que tanto nos seus anos como na actualidade, con lixeiras variacións, continúan afectando ás comunidades negras dos suburbios norteamericanos. Por iso, dada a completa vixencia que desgraciadamente conserva o texto, decidín traducilo e editalo para a súa difusión.

Capitalismo máis droga igual xenocidio analiza a chamada “guerra contra as drogas” do goberno estadounidense traducindo o eufemismo e revelando o auténtico significado dese concepto, é dicir, a guerra sucia contra a poboación afroamericana precaria e contra as revolucionarias en xeral, utilizando as drogas primeiro coma veleno inoculado nas comunidades de persoas non brancas e acto seguido empregando as consecuencias desa dexeneración progresiva do tecido social e comunitario como excusa para xustificar o incremento na presencia policial, os asasinatos e encarceramentos masivos de todos aqueles “elementos perigosos” para a súa norma social capitalista, racista, patriarcal e opresora, e a imposición de novas leis.

Naturalmente, non é necesario irse aos guetos negros de grandes metrópoles iankis coma Nova Iork ou Los Ángeles para atopar feitos que confirmen tan terrible diagnóstico. No Estado español podemos atopar exemplos en Euskal Herria ou aquí mesmo, nalgunhas cidades galegas, onde a heroína, patrocinada polo goberno e promocionada subliminalmente coma sinónimo de rebeldía, fixo estragos nunha xeneración enteira de mozos e mozas combativas que non tragaron a farsa da transición nos primeiros anos de democracia.

A intención ao publicar isto non é cargar contra aquelas persoas que remataron atrapadas nas frías mans das drogas, nin tampouco culpabilizar a quenes por necesidade de cartos e ante a ausencia de oportunidades viven do menudeo de sustancias ilegais. Entendemos que é preciso facer unha análise en profundidade para atopar as auténticas causas de todo este problema e poder actuar xuntas para erradicalas. Nese camiño pretendemos axudar a avanzar con este pequeno aporte. Agardamos telo conseguido.

Para ler online ou descargar o material:

Nova edición: «Negros Presagios: Política anarquista en la era del colapso» de Uri Gordon

O presente escrito foi publicado orixinalmente en “Contemporary anarchist studies: an introductory anthology of anarchy in the academy” baixo o título Dark tidings: anarchist politics in the age of collapse.

O texto é unha análise do anarquista israelí Uri Gordon, coñecido por outros traballos como o libro «Anarchy Live! Políticas antiautoritarias de la práctica a la teoría» (publicado no Estado español polxs compañeirxs da librería e editorial anarquista A Malatesta de Madrid) e polas súas reflexións e achegas sobre a loita contra o réxime de apartheid e opresión racial que o goberno israelí mantén sobre o pobo palestino, que coñece a través da súa militancia e activismo dentro da organización Anarquistas contra o Muro.

En “Negros presagios: Política anarquista en la era del colapso”, Uri Gordon revisa as condicións nas que se atopa a sociedade capitalista tecno-industrial contemporánea, analiza o avance desenfreado cara ao inminente desastre da mesma e explora as posibilidades para as loitas e propostas anarquistas en tan adverso contexto, onde se fai máis importante que nunca situar correctamente os nosos eidos de actuación e redefinir os nosos medios e ferramentas, para facer fronte xa non só ao colapso dun certo modelo social ou económico senón ao derrubamento de todo un mundo que se está vindo abaixo, ameazando con sepultar baixo os seus cascallos as últimas posibilidades de triunfar sobre esta civilización omnicida e organizarnos sobre as súas ruínas.

O texto foi traducido por Miguel Pérez e publicado orixinalmente en castelán no nº 3 da revista de pensamento libertario Estudos da CNT. A razón para transcribilo e reeditalo neste humilde e rudimentario formato non é outra que reactivar a súa difusión, xa que a pesar de certas discrepancias co autor, a súa lectura paréceme moi recomendable.

Para descargar/ver online o material:

Captura portada Negros Presagios

 

Nova edición: Colonialismo, Imperialismo e Liberación Animal

Como persoas veganas e comprometidas coa liberación animal e a loita antiespecista, témonos atopado con moitos xeitos distintos de tratar de desacreditar ou de criticar mediante falacias o estilo de vida vegano, e as eleccións políticas e éticas tanto sociais como persoais que implica. Unha das máis recentes é aquela que plantexa o veganismo coma un suposto privilexio “primermundista”, que as brancas clase media ou alta tratarían de impoñer a outras sociedades, civilizacións e culturas do mundo.

Non obstante, pasando por alto que o noso obxectivo nunca foi nin será privar a ninguén dos medios para a súa subsistencia (de feito, é ao contrario, e son o especismo e a sociedade industrial os que semellan perseguir ese fin, e non só con animais de outras especies), e pese a ser conscientes de que a viabilidade dun estilo de vida vegano varía en función das condicións de cada territorio, non podemos obviar que as análises e ensaios de numerosas autoras, dende Jason Hribal e Gary Francione ata o texto “Bestias de carga” de Antagonism and Practical History, demostraron que a explotación de animais non-humanos, e toda a maquinaria de cosificación e devaluación sistemática que sempre sustentou a moral e a ideoloxía especista, son principalmente (aínda que non soamente, sendo honestas) froito dun Occidente podre, codicioso e invasor, mentras que aquelas sociedades orixinarias que sufriron a colonización imperialista que roubou as súas terras, esmagou as súas culturas e exterminou ás súas poboacións, mantiveron na súa maioría (con excepcións, claro) unha relación cos animais baseada no respecto contemplándoas coma iguais incluso cando, por necesidade (e non por capricho nin por unha cruel demostración de forza) cazábanos.

De feito, son varias as persoas que, orgullosas da súa orixe indíxena e nativa, defenderon e asumiron un estilo de vida vegano, ao ver as conexións que vencellan a opresión que sufriron os seus pobos coa opresión e exclusión que sufran as animais non-humanas e a natureza. Nalgúns casos, foron estas compañeiras quenes levaron os seus compromisos ata as últimas consecuencias e puxeron a súa propia vida e liberdade en xogo para liberar do seu cautiverio a animais, ou para destruir os medios usados para a súa explotación. Exemplo disto é a Western Wildlife Unit, unha célula da Fronte de Liberación Animal que actuou en EEUU contra a industria peleteira e os seus accionistas, e cuxas integrantes, nativas americanas, pertencían á Nación Coiote.

Considerando todo isto, para nós, pese a ser un colectivo de persoas brancas que viven en Europa, non ten sentido plantexar o veganismo coma unha custión imperialista centrada en impoñer os nosos perfectos valores morais occidentais a todo o mundo. Do que se trata é de visibilizar a dinámica de opresión implícita no especismo e con iso amosar os paralelismos existentes entre as distintas formas de dominación, artellando un movemento forte, capaz de subvertir todas esas estructuras véndoas coma unha soa, sen perder de vista as particularidades e aspectos concretos que caracterizan cada unha delas.

Por iso, decidimos traducir ao galego e editar este texto, coa sá intención de profundizar no debate, e de deixar claro dunha vez por todas que o veganismo non só é compatible co respecto e a valoración das costumbres e cultura dos demáis pobos do mundo, senón que de feito é o imperialismo occidental o que, con frecuencia, exporta a mentalidade especista a outros lugares e sociedades onde non existía, e impón un xeito único de relacionarse cos animais e coa natureza.

Para descargar ou ver online:

Galego:

Portada
– Corpo

Castelán:

Portada
Corpo

portada colonialismo blogs

Nova edición: «Veganismo e lendas Mi’kmaq – As nativas feministas comen tofu» (Margaret Robinson)

O texto que presentamos aquí é un escrito de Margaret Robinson, activista e investigadora feminista, vegana e bisexual de orixe nativa e que actualmente vive en Toronto. Os campos do seu traballo van dende a saúde mental e a patoloxización das identidades de xénero ou as orientacións sexuais non heteronormativas, ata a teoría queer, a socioloxía ou as ciencias políticas, pasando pola teoloxía feminista e a influencia ecofeminista nas comunidades nativas postcoloniais.

En «Veganism and Mi’kmaq legends: Feminist natives do eat tofu» (Veganismo e lendas Mi’kmaq: As nativas feministas comen tofu), Robinson realiza unha reinterpretación das principais lendas do folclore Mi’kmaq, coa intención de atopar paralelismos que conecten a ética antiespecista coa construcción moral e social Mi’kmaq da súa relación coas e cos animais non-humanos, y coa natureza. A través desta revisión, Robinson racha co estereotipo especista que asocia o veganismo a un privilexio «primermundista» das persoas blancas, económicamente solventes e urbanitas, e demostra que o veganismo non só é compatible coa cultura, tradicións e identidade do pobo Mi’kmaq, senón que de feito é, posiblemente, o único xeito que hoxe en día o pobo Mi’kmaq ten para conservar o seu arraigo ante as deformadas versións das súas tradicións que lles devolveron os xenocidas colonizadores, e ser consecuente coa súa propia historia e pasado, un pasado por outra banda en continua revisión.

Para nós, este texto supón un importante paso na configuración dunha historiografía rupturista coa hexemonía ideolóxica do especismo, prominente na cultura branca e occidental, pero bastante ausente sen embargo en moitas culturas indíxenas ou nativas onde, con todo, desenvolveuse artificialmente debido ao contacto forzado e tardío destes pobos coa cultura e os mitos da sociedade branca, xudeocristiá, imperialista, industrial e patriarcal de Occidente, dende a época colonial ata a era contemporánea. Por esta razón, decidimos traducir o texto ao galego dende a súa versión orixinal en inglés, e difundilo nun formato accesible, pola rede e na rúa.

Agardamos aportar con isto o noso propio graniño de area na demolición dos mitos antropocentristas, e no avance da ética cara unha nova posición na que sexan valorados e considerados os intereses de todas as especies, independentemente de se teñen pico, colmillos ou mandíbulas rumiantes, se corren, voan, saltan ou nadan, se muxen, ouvean, graznan ou falan.

Por un mundo sen gaiolas nin autoridade, pola liberación total…

Para descargar ou ver online:

Galego

Portada
Corpo

Castelán

– Portada
Corpo

Mi'kmaq