[Nova Edición] «Droga es racismo: Recopilación de textos de personas no blancas contra las drogas» (colaboración con Distribuidora Peligrosidad Social)

PortadaOla a todes!

Presentámosvos a nosa última edición, realizada en colaboración coa distribuidora anarquista Distribuidora Peligrosidad Social de Madrid. Trátase neste caso dunha compilación de 3 textos recollidos e traducidos do inglés de fanzines publicados no seu día pola distribuidora eco-anarquista, antiespecista e straight-edge estadounidense XWARZONEX (da que podedes atopar máis materiais premendo aquí, obviamente en inglés), e que teñen en común a crítica das drogas coma instrumento de represión e exterminio empregado polos Estados contra a poboación non-branca, así como o feito de estar escritos por persoas que pertencen a ditos grupos étnicos oprimidos.

O fanzine foi editado en castelán, pero podedes atopar xa unha edición nosa en galego dun dos textos presentados no mesmo (ver Nova edición: “Capitalismo + Droga = Xenocidio” por Michael “Cetewayo” Tabor, preso do Black Panther Party). Así mesmo, estamos a traballar en edicións en galego dos dous restantes.

Deixámosvos coa introducción traducida ao galego.
Para descargar ou cotillear online o fanzine, premede aquí.

___________________________

Actualmente, calquera texto ou argumento que critique as drogas, mesmo dentro do propio ámbito anarquista ou antagonista e por suposto fóra del, cando non recibe directamente a burla e a risa acompañadas dunha serie de comentarios bastante desafortunados e ofensivos onde se confunde o rexeitamento ás drogas con ser unha «miñaxoia», adoita ter como resposta unha evasiva simplona ou unha serie de pretextos que non van á raíz do problema e afrontan o asunto desde unha perspectiva puramente hedonista e individualista que é pouco diferente á que basearía as xustificacións de calquera representante dun colectivo dominante ou opresor para perpetuar e manter os seus privilexios, e que é residuo da mentalidade liberal que nos ensina a velo todo de forma individual e a non buscar a orixe dos problemas nunha realidade material colectiva.

Para as persoas que colaboramos para seleccionar e traducir os textos aquí presentados e para editar este material, é fundamental buscar o xerme de toda a problemática das drogas nxs mesmxs que se colgan a medalla e preséntanse como os seus maiores inimigos. Falamos dos Estados e os seus policías, dos xuíces e fiscais e as súas prisións, dos exércitos imperialistas que colonizaron terras indíxenas e séculos despois continúan oprimindo a eses pobos, pero sobre todo, das propias condicións nas que nos atopamos, as dunha vida insoportable, onde o único xeito de manter o ritmo e a cordura é usando as drogas para producir estímulos artificiais (xa que a realidade que nos rodea está baleira de motivacións) ou para adormentar os nosos sentidos, os sentimentos e o subconsciente evitando así facernos demasiadas preguntas. Se rexeitamos os tóxicos deste sistema e centrámonos en manter a mente clara, só nos queda unha opción, a resistencia, enfrontarnos a todo aquilo que nos desilusiona e entristece, que nos mata, que nos escraviza, a nós e axs que están ao noso ao redor (e en todas partes). Por iso, para analizar e criticar as drogas hai que analizar e criticar este sistema, xa que son realidades na nosa opinión intimamente relacionadas e inseparables.

Este material pretende ser unha achega nese sentido, en concreto para axudar a atopar nexos entre a loita contra as drogas e a loita contra formas de opresión como o colonialismo ou o racismo, tentando ofrecer textos inéditos ata agora en castelán (ata onde nós sabemos) onde a crítica das drogas entrelázase con outras críticas interseccionais á loita contra este sistema e as súas estruturas de poder. O que pretendemos é contribuír á crítica e deconstrucción da cultura da intoxicación e os seus mitos desde distintos enfoques, para que todxs poidan analizar a función das drogas nas súas comunidades ou colectivos e reflexionar para superar esa relación, a cal sempre é de dependencia, en maior ou menor medida, e por tanto insana e contraproducente. Agardamos acadar o noso obxectivo.

Nota: Neste fanzine inclúense textos onde militantes de raza negra ou de pobos indíxenas falan sobre o impacto devastador das drogas nas súas comunidades. Quen editou este material somos dúas persoas brancas que vivimos en Europa. Por iso, cremos oportuno aclarar que ao traducir e publicar os seus textos non é a nosa intención representalas, caer en posturas paternalistas ou apropiarnos da loita desas persoas nin nada semellante. Ao contrario, pretendemos con isto axudar a darlles máis visibilidade e voz e deixar que sexan esas mesmas persoas as que falen e conten a súa historia, a cal agradecemos e valoramos que contasen a pesar da represión e a censura.

Os colectivos editoriais

Distribuidora Anarquista Polaris
Distribuidor Perigo Social