Nova edición: Colonialismo, Imperialismo e Liberación Animal

Como persoas veganas e comprometidas coa liberación animal e a loita antiespecista, témonos atopado con moitos xeitos distintos de tratar de desacreditar ou de criticar mediante falacias o estilo de vida vegano, e as eleccións políticas e éticas tanto sociais como persoais que implica. Unha das máis recentes é aquela que plantexa o veganismo coma un suposto privilexio “primermundista”, que as brancas clase media ou alta tratarían de impoñer a outras sociedades, civilizacións e culturas do mundo.

Non obstante, pasando por alto que o noso obxectivo nunca foi nin será privar a ninguén dos medios para a súa subsistencia (de feito, é ao contrario, e son o especismo e a sociedade industrial os que semellan perseguir ese fin, e non só con animais de outras especies), e pese a ser conscientes de que a viabilidade dun estilo de vida vegano varía en función das condicións de cada territorio, non podemos obviar que as análises e ensaios de numerosas autoras, dende Jason Hribal e Gary Francione ata o texto “Bestias de carga” de Antagonism and Practical History, demostraron que a explotación de animais non-humanos, e toda a maquinaria de cosificación e devaluación sistemática que sempre sustentou a moral e a ideoloxía especista, son principalmente (aínda que non soamente, sendo honestas) froito dun Occidente podre, codicioso e invasor, mentras que aquelas sociedades orixinarias que sufriron a colonización imperialista que roubou as súas terras, esmagou as súas culturas e exterminou ás súas poboacións, mantiveron na súa maioría (con excepcións, claro) unha relación cos animais baseada no respecto contemplándoas coma iguais incluso cando, por necesidade (e non por capricho nin por unha cruel demostración de forza) cazábanos.

De feito, son varias as persoas que, orgullosas da súa orixe indíxena e nativa, defenderon e asumiron un estilo de vida vegano, ao ver as conexións que vencellan a opresión que sufriron os seus pobos coa opresión e exclusión que sufran as animais non-humanas e a natureza. Nalgúns casos, foron estas compañeiras quenes levaron os seus compromisos ata as últimas consecuencias e puxeron a súa propia vida e liberdade en xogo para liberar do seu cautiverio a animais, ou para destruir os medios usados para a súa explotación. Exemplo disto é a Western Wildlife Unit, unha célula da Fronte de Liberación Animal que actuou en EEUU contra a industria peleteira e os seus accionistas, e cuxas integrantes, nativas americanas, pertencían á Nación Coiote.

Considerando todo isto, para nós, pese a ser un colectivo de persoas brancas que viven en Europa, non ten sentido plantexar o veganismo coma unha custión imperialista centrada en impoñer os nosos perfectos valores morais occidentais a todo o mundo. Do que se trata é de visibilizar a dinámica de opresión implícita no especismo e con iso amosar os paralelismos existentes entre as distintas formas de dominación, artellando un movemento forte, capaz de subvertir todas esas estructuras véndoas coma unha soa, sen perder de vista as particularidades e aspectos concretos que caracterizan cada unha delas.

Por iso, decidimos traducir ao galego e editar este texto, coa sá intención de profundizar no debate, e de deixar claro dunha vez por todas que o veganismo non só é compatible co respecto e a valoración das costumbres e cultura dos demáis pobos do mundo, senón que de feito é o imperialismo occidental o que, con frecuencia, exporta a mentalidade especista a outros lugares e sociedades onde non existía, e impón un xeito único de relacionarse cos animais e coa natureza.

Para descargar ou ver online:

Galego:

Portada
– Corpo

Castelán:

Portada
Corpo

portada colonialismo blogs

Nova edición: «Veganismo e lendas Mi’kmaq – As nativas feministas comen tofu» (Margaret Robinson)

O texto que presentamos aquí é un escrito de Margaret Robinson, activista e investigadora feminista, vegana e bisexual de orixe nativa e que actualmente vive en Toronto. Os campos do seu traballo van dende a saúde mental e a patoloxización das identidades de xénero ou as orientacións sexuais non heteronormativas, ata a teoría queer, a socioloxía ou as ciencias políticas, pasando pola teoloxía feminista e a influencia ecofeminista nas comunidades nativas postcoloniais.

En «Veganism and Mi’kmaq legends: Feminist natives do eat tofu» (Veganismo e lendas Mi’kmaq: As nativas feministas comen tofu), Robinson realiza unha reinterpretación das principais lendas do folclore Mi’kmaq, coa intención de atopar paralelismos que conecten a ética antiespecista coa construcción moral e social Mi’kmaq da súa relación coas e cos animais non-humanos, y coa natureza. A través desta revisión, Robinson racha co estereotipo especista que asocia o veganismo a un privilexio «primermundista» das persoas blancas, económicamente solventes e urbanitas, e demostra que o veganismo non só é compatible coa cultura, tradicións e identidade do pobo Mi’kmaq, senón que de feito é, posiblemente, o único xeito que hoxe en día o pobo Mi’kmaq ten para conservar o seu arraigo ante as deformadas versións das súas tradicións que lles devolveron os xenocidas colonizadores, e ser consecuente coa súa propia historia e pasado, un pasado por outra banda en continua revisión.

Para nós, este texto supón un importante paso na configuración dunha historiografía rupturista coa hexemonía ideolóxica do especismo, prominente na cultura branca e occidental, pero bastante ausente sen embargo en moitas culturas indíxenas ou nativas onde, con todo, desenvolveuse artificialmente debido ao contacto forzado e tardío destes pobos coa cultura e os mitos da sociedade branca, xudeocristiá, imperialista, industrial e patriarcal de Occidente, dende a época colonial ata a era contemporánea. Por esta razón, decidimos traducir o texto ao galego dende a súa versión orixinal en inglés, e difundilo nun formato accesible, pola rede e na rúa.

Agardamos aportar con isto o noso propio graniño de area na demolición dos mitos antropocentristas, e no avance da ética cara unha nova posición na que sexan valorados e considerados os intereses de todas as especies, independentemente de se teñen pico, colmillos ou mandíbulas rumiantes, se corren, voan, saltan ou nadan, se muxen, ouvean, graznan ou falan.

Por un mundo sen gaiolas nin autoridade, pola liberación total…

Para descargar ou ver online:

Galego

Portada
Corpo

Castelán

– Portada
Corpo

Mi'kmaq