[Distribución] Temos á venda copias do novo L.P. de Furnier (Pluvio)

cartel_2_bInformamos de que decidimos actuar como punto de distribución do novo disco de Furnier, rapeiro anarquista compostelano que acaba de sacar o seu novo L.P. Pluvio, un traballo editado en vinilo e que conta coa colaboración doutras figuras do panorama do hip-hop underground galego, coma Black Dahlia e Alba G, DJ Tips nos scratches e M. Padrón na produción das instrumentais.

O seu prezo son 12 euros. Para solicitar unha copia, podédesvos poñer en contacto connosco a través do enderezo de e-mail da distri: distripolaris@riseup.net

O disco tamén estará próximamente en descarga libre e gratuita en formato dixital dende as seguintes plataformas, onde tamén se poden atopar para baixar outros traballos anteriores do artista:

hiphopateneu.blogspot.com
furnier.bandcamp.com

furnierblog.blogspot.com
mundolibertario.org/furnier

Agradecémosvos toda axuda na difusión!

[Nova edición] Editado en galego “Memorias de Liberdade” da Western Wildlife Unit da Frente de Liberación Animal

Algunhas persoas participantes do colectivo Abordaxe! e da Distribuidora Anarquista Polaris vimos de traducir e editar en galego o texto “Memorias de Liberdade”, da célula Western Wildlife Unit da Frente de Liberación Animal. O texto narra unha das campañas de activismo máis efectivas xamáis emprendidas contra a industria peleteira nos EUA.

A Western Wildlife Unit foi un pequeno núcleo afín á FLA composto de activistas antiespecistas, veganxs e eco-anarquistas de orixe indíxena (da tribu Pascua Iaqui) que ademáis de conectar na teoría as opresións sufridas polo seu pobo coa opresión dos animais non-humanos, lograron poñer contra as cordas a estes negocios mediante unha serie de potentes ataques que incluíron sabotaxes incendiarias a obxectivos estratéxicos, liberacións de animais e escritos de presión dirixidos ás autoridades.

O desexo de traducilo e publicalo en galego xorde da necesidade dunha edición na nosa lingua coa intención de espallar todo o posible un texto que no seu día transmitiunos moitas cousas e que consideramos unha letura esencial para coñecer unha campaña militante exemplar. Porque lonxe das críticas absurdas de moitas persoas que opinan que este tipo de accións “dan mala imaxe” ao “movemento” e “son inútiles”, este texto e as experiencias de loita que narra demostran que non fan falla grandes medios para levar a cabo accións contra as industrias de explotación animal, e que un pequeno grupo de activistas sen grandes recursos ao seu alcance pode arrinconar e mesmo destruír aos seus obxectivos. Algunhas persoas sufriron posteriormente duras medidas represivas cando foron detidas ou extorsionadas polos Grandes Xurados, investigadas etc. pero con todo, o tremendo dano causado a esas empresas é innegable e en moitos casos, irreparable.

A publicación deste texto non podía chegar en mellor momento, a apenas un día de cumprirse o aniversario da morte do activista antiespecista Barry Horne, e gustaríanos adicarlle isto á súa memoria, e á memoria de todas as compañeiras e compañeiros que morreron loitando por un mundo sen gaiolas. Por Barry, por Jill, por todxs. Polxs que sufren o cárcere por ir máis alá das palabras e polxs que aínda seguen por ahí e non cesan.

Para ler ou descargar o texto:

captu