[Nova Edición] Zine «En memoria de Taylor (preso trans morto en prisión en Reino Unido)»

[Aviso de Contido: Mención e detalles de Suicidio, Violencia Homófoba, Transfoba, Psiquiátrica, Machista, e de abusos e torturas en prisión]

Hai 2 semanas, Taylor, un preso trans encarcerado en Reino Unido, suicidouse no cárcere cortándose o pescozo. A súa é unha historia tráxica, de precariedade, abusos transfobos e homófobos, violencia psiquiátrica e patoloxización, torturas e malos tratos en prisión.

Dende o noso pequeno proxecto quixemos facernos eco disto, axudar a que non pase desapercibido, e por iso decidimos traducir o texto na memoria de Taylor publicado poles compañeires da Cruz Negra Anarquista de Bristol (@bristol_abc) e maquetalo en formato fanzine para poder facilitar a súa descarga, impresión e difusión.

Deixamos as versións en galego e castelán en descarga gratuita e alentamos e animamos á súa difusión, copia e distribución por todos os medios que vos parezcan acaídos. A transfobia e as prisións MATAN.

Palestra + Coloquio – «Exércitos nas rúas: Informe UO2020 da OTAN e militarización da vida cotiá» (A de Rousmeri, Caroi, Terra de Montes)

Esta finde volvemos á casa dos nosos amigos e irmáns da Rousmeri (Caroi, Terra de Montes, Cotobade) para esta xornada antimilitarista que organizamos o domingo a partir das 19.

Despois de que a capital do Reino fose sede dunha nova cumbre da OTAN, compartiremos algunhas impresións breves sobre as mobilizacións en Madrid contra ela e sobre o que cremos que supuxo en materia de reforzo da represión e o control. Falaremos sobre o Informe UO2020 da OTAN, a militarización interior e os exércitos nas rúas, unha realidade que aínda que pode semellar o escenario dunha distopía futurista trátase dunha realidade cada vez máis presente e da que xa puidemos ver varios ensaios e adiantos.

Despois da charla, Utopie veñen traernos o seu post-punk triste pero bailable dende Lille, Francia, e estarán acompañados polo punk dos nosos amigos de Lamprea. Haberá cea!

Vinde conspirar e danzar con nós ao pe das montañas! Teremos material da nosa distri 🖤