[Nova Edición] «Cómplices, No Aliades: Aboliendo el Complejo Industrial Aliado», por Indigenous Action

Para ler online/descargar, click aquí.

O texto que presentamos a continuación é unha tradución que realizamos, tratando de ser o máis literais que puidemos, do texto “Accomplices, not allies: Abolishing the Ally Industrial Complex – An indigenous perspective & provokation” do colectivo Indigenous Action (Acción Indíxena) que pretende ser unha crítica e á vez unha provocación ao debate sobre a figura des denominades “ aliades” e o seu papel moitas veces contraproducente que perpetúa e mantén dinámicas racistas e coloniais e destrúe os lazos de confianza e afinidade para substituílos por relacións de dependencia que socavan a autonomía das persoas afectadas directamente pola opresión e a violencia racista/colonial. En contraposición á figura do “aliado”, problemática e dubidosa, propoñen a figura do cómplice, como persoa que realmente quere implicarse na loita contra o racismo e o colonialismo tomando conciencia dos seus privilexios e do lugar que lle conceden nas xerarquías para tombar. Cómplices significa que nos coidamos unhes a outres sabendo que partimos de lugares e vivencias distintas e, ás veces, contrapostas, e que estamos dispostes a recoñecer os nosos comportamentos e as nosas cagadas para destruír o que nos fai opresores, a responsabilizarnos do dano que causaron e seguen causando as nosas formas de vida e a asumirnos parte do conflito e, por tanto, das consecuencias. Cómplice significa que aceptas correr o risco.

Con isto non pretendemos falar poles oprimides, senón ser un altofalante para as súas voces. Cremos que son eles quen xa se están empoderando, ocupando os espazos que sempre lles foron negados, atacando as raíces da opresión e visibilizando as súas propostas e as súas ideas. O que pretendemos non é usurpar ese traballo que eles xa están a facer (e non precisamente coa nosa axuda e apoio reais) senón ceder os nosos espazos para que ese traballo se vexa e escoite máis. Con todo, si nos gustaría dicir algo:

Extrapolando ao feminismo, a etiqueta de “Aliado” xurdiu para que aqueles homes que se autoproclamaban feministas deixasen de apropiarse da loita mentres continuaban beneficiándose dos seus privilexios e tivesen unha etiqueta coa que nomear un suposto “compromiso honesto” coa destrución do Patriarcado ou para marcar unha diferenza con respecto aos homes “que seguen sendo machistas” (non coma ti, que xa superaches todos e cada un dos teus condicionamentos e alcanzaches a iluminación). Vemos que moitos homes converteron esa identidade no novo “Son un home feminista” e utilízana como medalla de honra. Se se tiveran deconstruido e revisado tanto, non precisarían iso para demostralo. Con isto é o mesmo. Non cremos na figura do Aliado, e se nos apurades, tampouco na de Cómplices. Non precisamos que se nos recoñeza como “aliades” nin como “cómplices” nin como nada. Deixaremos que sexan os nosos xestos e palabras, o noso xeito de compartir o espazo, a voz e as ferramentas, as que falen por nós e definan novos lugares comúns.

Distribuidora Anarquista Polaris · Xaneiro 2019

[Nova Edición] «Animales Sedientxs de Libertad»

O presente texto é unha traducción que realizamos do fanzine «Animals Thirsting for Freedom» que recollimos do blogue anarquista en fala inglesa 325 e presenta unha crítica ao movemento polos dereitos dos animais/antiespecista/animalista pola súa falta de perspectiva ante algunhas formas de domesticación, control e dominación que os seres humanos, incluídes aqueles que supostamente somos «inimigues do especismo», exercemos diariamente sobre animais doutras especies, cun enfoque en contra da dominación e non só do especismo como unha esfera de loita separada.

A pesar de que non compartimos parte do expresado no escrito (neses casos engadimos algunhas notas co noso propio punto de vista para o debate), pensamos que é un aporte interesante e que paga a pena pensar nalgunhas das ideas que nel se formulan.

Pola fin da dominación!

Para ler online ou descargar:

Audio da presentación de «Hasta Que Todes Seamos Libres» en Santander

A mediados do pasado mes de novembro estivemos en Santander presentando a nosa publicación «Hasta Que Todes Seamos Libres: Una Mirada Crítica a los Vicios de la Lucha Contra el Especismo» dentro do I Encontro do Libro Anarquista de Santander. Queremos antes de nada agradecer enormemente ao grupo de compañeires que organizaron o evento por convidarnos e por tratarnos tan ben. Pasamos unha fin de semana marabillosa con vós e sentímonos coidades e como na casa.

A cuestión é que xa temos o audio da presentación que se fixo alí, e queremos deixalo aquí para que aqueles que teñades interese poidades escoitalo ou compartilo. Aconsellámosvos usar auriculares xa que o volume do son non é moi alto e por momentos non se escoita moi ben. Grazas ás compañeiras que grabaron e compartiron o audio.

Para descargar, clickade aquí co botón dereito do rato e seleccionade Guardar enlace como…

[Nova Edición] «Convirtiendo la Sobriedad en un Arma · Anarquía feral contra la cultura de la intoxicación», por Flower Bomb

A continuación deixamos a nosa nova edición, un texto sobre a cultura da intoxicación e a loita contra ela escrito por Flower Bomb e que traducimos do inglés e reeditamos en castelán (e pronto en galego) para a súa difusión. Deixamos enlaces de descarga e texto de presentación. Sentídevos libres de descargar e compartir o material.

Para ler online/descargar:

—-

«Nesta cultura automatizada, afixémonos a vernos como simples máquinas para operar: agregar o produto químico axeitado á ecuación para conseguir o resultado desexado. Na nosa procura da saúde, a felicidade, o sentido da vida, corremos dunha panacea a outra – viagra, vitamina C, vodka – no canto de achegarnos ás nosas vidas holísticamente e dirixir os nosos problemas cara ás súas raíces sociais e económicas. Esta lóxica orientada ao produto é a base da nosa alienada sociedade de consumo: Sen consumir non podemos vivir! Tentamos mercar a relaxación, a comunidade, a autoestima, agora mesmo a éxtase vén nunha pílula!»

– Anarquía e Alcol (Colectivo CrimethINC.)

Na sociedade na que vivimos é difícil non sentir unha necesidade constante e crecente de apagar os nosos sentidos ou, polo menos, de apartalos de todos aqueles pensamentos que nos saturan a cabeza e o corazón. Débedas, xornadas de traballo extenuantes ou alienantes, interaccións baleiras ou superfluas, falta de motivación, apatía, estímulos repetitivos, lecer programado que nos afasta en lugar de levarnos a achegarnos, falta total dunha conexión emocional ou física coa nosa contorna (cada vez máis afastades da natureza e as súas sensacións, sons, ciclos…) e co resto de persoas que nos rodean (cada vez máis inmerses nunha sociedade que constrúe os seus vínculos mediante aplicacións de mensaxería instantánea pero teme mirarse aos ollos), e a frustración permanente dunha existencia pasiva onde a única satisfacción á que se nos permite aspirar parece ser a que proporciona o pracer efémero e momentáneo das actividades relacionadas co consumo e a ostentación (que xa sexan de substancias psicoactivas, obxectos e mercadorías mortas ou de corpos, relacións líquidas ou «emocións fortes», sempre deixan tras de si un gran baleiro), debuxan os contornos dunha vida insoportable. É comprensible entón que haxa persoas que busquen desesperadamente unha escapatoria, aínda que sexa breve, diversión, alteracións no seu sistema nervioso ou na súa actividade cerebral, calquera cousa con tal de evadirse momentaneamente desta fúnebre monotonía. Non podemos xulgar e desde logo rexeitamos aqueles discursos que culpan ás persoas polas súas adiccións ou polos seus medos, pola súa incapacidade para lidar sobrias con tanta presión ou pola súa vulnerabilidade ante o bombardeo de imaxes e mensaxes que nos incitan compulsivamente a entregarnos a unha ou outra distracción ou foco de alienación. Ademais, entendemos que cada persoa escapa ás súas ansiedades e á súa desesperación como boamente pode e non somos ninguén para xulgar nin queremos asumir o rol de xuíces. No canto diso, preferimos canalizar as nosas enerxías cara outras cousas máis positivas como cuestionar os nosos propios hábitos e dependencias, e armar a crítica para axudar(nos) a recapacitar e a pensar no tipo de comunidades que estamos a construír, as cadeas que nós mesmes reforzamos, e as alternativas que existen.

O que aquí presentamos é unha achega máis nesa dirección, que traducimos do texto en inglés publicado poles compañeires de Warzone, editora anarquista dos EUA, afín á ecoloxía radical e a ética antiespecista, e que conta con varios textos editados sobre a loita contra a cultura da intoxicación desde unha perspectiva revolucionaria e libertaria. A intención con esta publicación, repetimos, non é facer que ninguén se sinta xulgade, senón achegar ideas e ferramentas para a crítica, útiles para quen desexe cuestionarse este tipo de cadeas e continuar avanzando cara á liberación total.

Queremos a destrución dun mundo inxusto baseado na explotación de moites para o beneficio dunhes pouques, e que primeiro nos rouba a sabedoría e as bases para entender o noso sufrimento ou as nosas necesidades vitais ou emocionais e logo fainos sentirnos culpables polos efectos que ten sobre a nosa saúde física e mental a merda de vida que as súas grises estruturas obrígannos a levar, para rematarnos intoxicándonos coas súas drogas, os seus psicofármacos e o seu narcisismo multimedia.

Queremos ver ardendo as cidades que nos entristecen e deshumanizan, as fábricas que converten en fume os bosques e montañas e que nos rouban a auga, a terra ou o aire limpo para que podamos seguir tendo absurdas comodidades tecnolóxicas que non nos fan felices, as prisións que encerran a quen se rebela contra a súa norma ou contra a súa moral, as infraestruturas que fan funcionar toda a súa maquinaria. Para iso, necesitamos unha mente despexada e unhas mans inquietas. Cada unhe ao noso ritmo e baixo nosas propias dinámicas e responsabilidades, agardamos avanzar, xuntes ou por separado, cara a esta meta, aliándonos nas complicidades, na raiba e nos afectos contra este sistema que só nos deixa dúas opcións a elixir: anestesiarnos ou morrer.

Porque non hai droga máis adictiva que a adrenalina da acción, armemos as nosas negacións. Que se estenda a revolta.

Estaremos no I Encontro do Libro Anarquista de Santander!

Esta finde lembrámosvos que compas de Santander organizan o I Encontro do Libro Anarquista desta cidade cántabra, unha fin de semana repleta de actividades de debate, charla e empoderamento psicolóxico e corporal no que continuar profundando e tratando todas as cuestións que nos afectan e as loitas que se desenvolven contra iso aquí e noutros moitos territorios do mundo.

Alí estará o noso colectivo presentando a nosa publicación «Hasta Que Todes Seamos Libres: Una Mirada Crítica Antiautoritaria a los Vicios de la Lucha Contra el Especismo». Tamén teremos un posto con material da distribuidora.

Vémonos alí? Para consultar e atopar máis información, visitade o blog do Encontro facendo click aquí.

[Nova Edición] “No les fallaremos… Historia y Lucha de Barry Horne”

Para ler online/descargar:

Cuberta

Interior

A intención de escribir e editar o presente texto é dar a coñecer a historia do compañeiro Barry Horne, a 17 anos da súa morte durante unha folga de fame que emprendeu desde prisión para protestar contra o financiamento que o goberno británico daba ás prácticas de vivisección e experimentación con animais doutras especies.

A memoria de Barry Horne foi calumniada polos seus inimigos, polas empresas e persoas que fan negocios coa vida doutras criaturas, traficando co seu sufrimento e lucrándose coa súa explotación. Tamén tentaron recuperala os sectores máis reformistas, que presentárono como un pobre mártir evitando na medida do posible falar sobre as súas accións incendiarias e sobre outros aspectos incómodos do seu activismo.

Nós queremos lembrar a Barry como se merece, como un guerreiro que comprendeu que nun mundo onde as leis e a moralidade dominantes apoian e favorecen a explotación diaria de miles de millóns de individuos cuxo único crime foi non nacer humanos, romper a lei é necesario para enfrontarse a eses explotadores e loitar de verdade por un mundo onde se respecte aos animais (humanos ou non) e á vida salvaxe, e onde as gaiolas non sexan máis que un desagradable recordo.

Lendo sobre as accións de Barry, a súa coraxe e determinación en cada un dos seus xestos, nos seus textos, declaracións e folgas de fame, así como tamén sobre as numerosas expresións de solidariedade combativa xurdidas de grupos de solidaries, sentimos latexar a nosa propia raiba e outros sentimentos que nos alentan a continuar e a cuestionarnos os nosos medos e responsabilidades nesta guerra. Porque non podemos falar doutra cousa que non sexa de guerra cando lembramos que hai tantos animais feitos po en granxas, matadoiros e laboratorios, ou agonizando entre as nosas urbes superpoboadas e os seus hábitats esnaquizados, e tantes des noses entre as reixas das prisións, ouveándolle todes á lúa para poder ser libres outra vez.

Contra unha cultura que esqueceu o significado dun compromiso e que cada vez máis entende a loita contra o especismo como unha moda consumista baseada en compartir receitas en Facebook e facer recensións a produtos “veganos” dos supermercados, queremos recuperar a esencia do movemento lembrando a aquelles que levaron os seus compromisos ata as últimas consecuencias. Porque antiespecismo sempre significará ataque e porque como dixo Tolstoi, “mentres existan matadoiros haberá campos de batalla”.

Esta é unha pequena homenaxe a Barry a 17 anos da súa morte, pero tamén queremos dedicarllo a outres compañeires que perderon a vida ou a liberdade loitando por un mundo sen escraves de ningunha clase. Dedicamos isto a Jill Phipps, que foi atropelada e asasinada durante unha protesta no aeroporto de Coventry (Reino Unido) ao interpoñerse diante dun camión que transportaba animais vivos para ser enviados en avión aos matadoiros de Holanda, e que decidiu non frear; tamén llo dedicamos a Bill Rodgers “Avalon”, activista ecoloxista e antiespecista que foi a prisión por varios actos de sabotaxe contra empresas que destruían os bosques nativos en América do Norte e suicidouse ao non soportar o peche; a Anna Campbell, compañeira de Bristol, anarquista, vegana e feminista saboteadora da caza que morreu asasinada por un bombardeo turco mentres loitaba pola revolución social e polo fin do imperialismo en Afrín (Kurdistán); e dedicámosllo por suposto a todes aqueles irmáns nos cárceres do mundo, a Marius Mason, a Walter Bond, a Joseph Dibee, a tantes outres.

Liberación animal significa ataque.
Por un mundo sen gaiolas!

Estaremos na II Mostra do Posible (Cangas do Morrazo, 6 e 7 de outubro)

Queremos agradecer ás persoas organizadoras da II Mostra do Posible ter contado co noso colectivo un ano máis para montar un posto de exposición do noso material na súa feira. O evento terá varias actividades e alí daránse cita diferentes proxectos de distinto cariz, desde colectivos editoriais libertarios ata iniciativas de economía solidaria, coidado da terra, cooperativas de cultivo ecolóxico, medios de comunicación libres e/ou alternativos, movementos sociais diversos etc.

Convidámosvos a todes a achegarvos o 6 e o 7 de outubro a Cangas do Morrazo.  Non vos preocupedes polo aloxamento, haberá acampada de balde! Vémonos alí.

Máis información sobre a Mostra do Posible facendo click aquí. Deixamos un vídeo promocional sobre a Mostra do ano pasado.

Estaremos no I Alcuentru d’Escritos Llibertarios de León (21-22-23 de setembro)

Es compañeires que orgainzan o I Alcuentru d’Escritos Llibertarios na cidade de León contaron con nós para presentar a nosa publicación «Hasta que Todes Seamos Libres: Una mirada crítica antiautoritaria a los vicios de la lucha contra el especismo». Antes de nada, queremos agradecer enormemente o interese e o convite, así como a oportunidade de presentar a nosa publicación e o noso proxecto noutra cidade permitindo tecer lazos e vencellos entre compañeires, que é un dos propósitos fundamentais deste coletivo.

Para más info do Alcuentru, deixámosvos o cartaz do evento e o blog creado para reunir todo o relativo ao seu desenvolvemento (podedes acceder pinchando aquí) e convidámosvos a asistir se estades perto. Nós teremos un posto con material do noso coletivo.

[Nova Edición] «Bandera Negra Bandera Blanca – Un libro de ejercicios de anarquismo espiritual», de Anna Ronnan

Temos o pracer de presentarvos a nosa nova edición, unha traducción ao castelán (e pronto ao galego) do libelo «Bandera Negra Bandera Blanca – Un libro de ejercicios de anarquismo espiritual», da autora Anna Ronnan, e que presentamos a continuación por medio da introducción que escribimos para a nosa edición en castelán.

Plantexado coma un libro de exercizos, este material convídanos a pensar sobre diferentes conceptos e valores, e o xeito no que repercuten nas nosas vidas, e como podemos confrontalos ou asumilos na práctica cotiá, axudándonos así a traballar sobre o noso xeito de relacionarnos con nós mesmes e coas demáis persoas, para conquistar cada vez unha liberdade maior e máis plena.

Podedes descargar ou ler online en:

—-

O colectivismo está moribundo e o individualismo aínda non se consolidou; Ninguén sabe obedecer, ninguén sabe mandar. Pero de todo isto, a saber vivir libres, hai aínda polo medio un abismo. Abismo que poderá ser enchido só co cadáver da escravitude e o da autoridade. A guerra non podía encher este abismo. Podía soamente escavalo máis profundo. Pero iso que a guerra non podía facer, debe facelo a revolución. A guerra fixo aos homes máis brutais e plebeos. Máis triviais e máis feos! A revolución debe volvelos mellores. Debe ennobrecelos!

  • Renzo Novatore “Cara á Nada creadora”

Este material que presentamos non é un ensaio, nin tampouco un artigo, nin un texto ao uso. Tampouco é un manual, pois non che ofrecerá respostas, nin rutas predefinidas para o teu traballo ou as túas procuras. Pode ser, se se quere, unha guía, en tanto que, polo menos tal e como nós a entendemos, pódenos axudar a guiarnos entre as sombras e a néboa de confusión que cobre neste mundo a nosa relación con nós mesmes e coes outres, impedíndonos atopar lugares comúns, construír(nos) e deconstruir(nos) en harmonía coes que nos rodean, sen competir, acompañándonos sen invadir, coidándonos sen facernos sufrir (e aínda así, conscientes de que podemos facer/recibir dano, de que o sufrimento é parte da vida e del tamén se extraen leccións valiosas que merece a pena descubrir), sendo conscientes de nosas propias limitacións e barreiras físicas e emocionais e asumindo o reto titánico de desafialas, pero non como parte dun compromiso estático e regulado similar a un contrato laboral ou a un xuramento, senón como etapas dentro dun percorrido difícil e misterioso pero que eliximos emprender para atoparnos co que somos e co que poderiamos chegar a ser.

Poderiamos dicir que esta guía non che ensinará paso a paso como montar un moble, pero si che dirá que dispós de varias ferramentas, e cal é o significado máis básico de cada unha desas ferramentas, para que sexas ti, mediante o ensaio-erro, quen decida cales vas usar, e como queres usalas. Un libro de exercicios. Un rastro de faragullas de pan para nenes perdides.

Non pretendemos sentar ningunha cátedra, e menos sobre algo así. Para nós, como para a autora orixinal do presente material, nada é absoluto dabondo excepto as bases naturais máis primordiais da existencia. Todo o demais, cambia, fluctúa, evoluciona, e cando chega o momento, desaparece, para deixar paso a novos ceos. Aborrecemos as certezas. Afógannos as esperanzas. A liberdade sedúcenos e atráenos, pero para ir tras ela, antes, como dixemos, tal vez debamos aprender a camiñar. Camiñar ansioses do misterio que agarda tras o seguinte paso, coa mirada posta nun horizonte incerto pero apaixoante de encontros, desencontros, choques e distancias, mentres aprendemos, sobre a marcha, a camiñar e a vivir, porque niso consiste esta loita á fin e ao cabo.

Pola nosa banda, queremos agradecer enormemente á autora o traballo realizado ao escribilo e publicalo. A nós, en concreto, foinos de moita axuda, e sentímonos tremendamente identificades con moitos dos puntos que trata. Moitísimas grazas a ela!

Sen máis que dicir, deixámosvos coa guía. Esperemos que os exercicios de reflexión aquí propostos axúdenvos a descubrir partes de vosotres nas que quizá non repararades o bastante, ou a entender aspectos do voso ser, recunchos do voso interior, que quizá vos inquietan, férenvos ou entusiásmanvos.

Contra a soidade, a alienación, o abafo e a derrota.

Distribuidora Anarquista Polaris
Xuño 2018

O 20 de xuño estaremos na xornada do Espazo Vegafeminista no CSA do Sar (Compostela)

O vindeiro 20 de xuño estaremos no CSA do Sar (tamén coñecido coloquialmente coma “Casa do Peixe”), no número 28 da rúa Curros Enríquez, en Compostela, cun stand con material do noso coletivo, dentro da convocatoria que organizan conxuntamente as compañeiras do Espazo Vegafeminista e do Santuario Vacaloura, que celebran un novo aniversario.

Deixámosvos co cartaz onde ven toda a info e agardamos vervos por alí. Achegádevos escoitar ás compañeiras falar sobre interseccións entre Patriarcado e Especismo, e botar unha ollada na nosa mesiña de fanzines! Teremos materiais sobre antiespecismo, feminismo e outras loitas.